I ENCONTRO COLECTIVOS-PROFESORADO: OBRADOIRO DE PROPOSTAS
Nunha iniciativa que aborda a construción dunha comunidade que quere reunir os esforzos de centros educativos e proxectos de desenvolvemento rural sostible para traballar conxuntamente pola construción da sostibilidade e a formación do alumnado para esta.
Elabórase arredor da Aprendizaxe-Servizo como ferramenta principal, pola súa capacidade para tecer colaboracións e orientarse ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Inspirada en experiencias anteriores como o Proxecto Europeo Rural 3.0 e o PEMAN (Programa de Estudos en Man Común) entre outros, pretende contribuír á democratización dos procesos de creación de coñecemento, á calidade educativa e á sostibilidade.
Esta comunidade ten como ámbito territorial a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Nos próximos meses, diferentes axentes educativos e asociativos conformarán a comunidade, no seo da cal se han de crear proxectos de Aprendizaxe-Servizo que permitan a creación de saberes e de accións como bens comúns.
Ver cartaz con información en anexo