Oficina CEER
 26-05-2021
A FUNDACIÓN CEER ASISTIU AO FORO ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE TRANSFRONTEIRIZA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL – RIS3T

Hoxe participamos no Foro RIS3T no que se analizaron os principais resultados da implementación desta Estratexia e as liñas futuras de colaboración.

A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) é a primeira RIS transfronteiriza da UE. O seu obxectivo é dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e constituír o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir co maior éxito na captación de financiación procedente do Programa Horizonte 2020. A elaboración desta estratexia estivo coordinada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) e nela participaron máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas rexións