Oficina CEER
 04-10-2022
O PROXECTO ATLANTIC POSITIVE, LIDERADO POLA FUNDACIÓN CEER, ACOLLERÁ A VISITA DE EXPERTOS BRITÁNICOS E IRLANDESES RELACIONADOS CON AMEZAS MEDIOAMBIENTAIS.

Os días 5 e 6 de outubro, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Fundación CEER), organiza as xornadas de intercambio con expertos internacionais en materia de riscos e ameazadas medioambientais globais, que se celebrarán nos campus de Vigo (o día 5 de outubro) e Ourense (o día 6 de outubro) da Universidade de Vigo.

Estas xornadas contarán tamén coa presenza de convidados internacionais de Irlanda e Reino Unido que veñen analizar as técnicas de loita contra a vespa velutina que se están a facer na Galiza así como a coñecer os avances en investigacións sobre esta praga. Neste caso asistirán representantes institucionais británicos e irlandeses entre os que se atopan a presidenta da asociación de apicultores británica (con máis de 31.000 membros) e a súa contraparte irlandesa. Reuniranse con investigadores da USC, UVigo e UDC e visitarán apiarios experimentais ó longo da provincia de Ourense e Pontevedra. A actividade está enmarcada dentro do proxecto INTERREG Atlantic-POSitiVE, coordinado pola Fundación CEER, en colaboración coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario, o Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, a Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro, o Institut National de la Recherche Agronomique, a University College Cork e a University of Exeter. O Proxecto ten un financiamento de 2.353.195,52 € dos cales 1.764.896,64 € son achegados por fondos FEDER.

O obxectivo do proxecto Atlantic-POSitiVE é evitar que continúe a expansión e minimizar o impacto da especie invasora Vespa velutina para os ecosistemas e para o desenvolvemento socioeconómico do Espazo Atlántico.