Oficina CEER
 03-12-2008
A Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración desenvolverá servizos aos cidadáns para acadar a auténcica desaparición das fronteiras

A conferencia de Guimarães, do 4 ao 5 de febreiro, estudiará a creación da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas

A Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeració fará fincapé no desenvolvemento de servizos aos cidadáns que supoñan, na práctica, a auténtica desaparición das fronteiras. " O futuro da cooperación transfronteiriza debe nacer de iniciativas locais e dunha xestión común dos recursos dos territorios da fronteira para mellorar a calidade de vida dos cidadáns", segundo afirma o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Os vindeiros 4 e 5 de febreiro, a cidade portuguesa de Guimarães será escenario do congreso sobre "Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración" coincidindo co inicio do período 2007 - 2013 e o seu instrument financeiro para a cooperación transfronteiriza e os traballos preparatorios para o seguinte período de programación entre os anos 2013 - 2020.

Nestas xornadas ofrecerase un balance do realizado ata a data e estudiaranse as liñas argumentais que deberán defenderse ante a UE para o seguinte periodo. Nestas xornadas, organizadas polo Instituto Financeiro para o Desenvolvemento Rexional e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, avaliarase a importancia de que a Comisión Europea promova novas estruturas administrativas para unha xestión mais eficaz dos fondos de cooperación transfrotneiriza. axencias eurorrexionais de desenvolvemento e os consorcios transfronteirizos, así como as eurocidades.

Eurocidades
Nest sentido, o congreso analizarase o estado dun dos proxectos mais innovadores de cooperación transfronteiriza a nivel europeo e que é a Eurocidade de Chaves e Verín, plano que desenvolve coa colaboración do Eixo Atlántico. Para Xoán V. Mao, "trátase non só do primeiro agrupamento destas características que se constitúe na Península Ibérica, senón que é a primeira de Europa en contar cun plano estratéxico con dez medidas concretas". Estas medidas abarcan áreas como a saúde, a creatividade, a ecoloxía, o transporte, o comercio e a restauración e o turismo baseado no aproveitamento dos recursos termais da zona.

Proceso de reflexión
Mao recorda que o lobby ibérico, o mais activo de Europa, lidera a xestación da Cooperación Transfronteriza de Segunda Xeración, "que no caso do eixo Galiza - Norte de Portugal, reivindica Eixo Atlántico", matiza.

A Conferencia de Guimarães pretende abrir o proceso de reflexión no conxunto dos territorios de fronteira entre España e Portugal, así como das organizacións que desenvolven o seu traballo en dita área. As conclusións do congreso serán elevadas á Comisión Europea.

A reunión servirá tamén de punto de partida para a creación da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas nas que colaboran entidades nacionais e europeas. Aspírase a crear unha Rede Europea de Cidades, similar á ARFE (Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa).

O programa, ainda por pechar, incluirá cuestiósn como a "Visión sobre o futuro da Política de Cooperación Transfronteiriza", o "Balance da Cooperación Transfronteiriza" entre todas as rexiósn e comunidades fronteirizas de España e Portugal", a "Presentación do Estudo sobre o Impacto dos Programas de Cooperación Luso - española" ou os "e "Exemplos de Boas Prácticas Financiadas por INTERREG".

O congreso contará coa participación dunhas 200 autoridades e técnicos dos municipios fronteirizos de España e Portugal.
Fonte: Eixo Atlántico

Archivos asociados a esta noticia: