A web da FCEER é a plataforma dixital con contido eurorrexional máis visitada de Galicia- Norte de Portugal
A Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais, creada polas universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Tras os Montes, Minho e Porto para o establecemento de sinerxías e redes de investigación que permitan a xeralización dun espazo do coñecemento, da mobilidade e da transferencia de información ven de crear un informe sobre a frecuencia de visitas en entidades que traballen a prol da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.
Segundo este informe a plataforma dixital da Fundación, a www.fceer.org, aparece como a páxina web con temática eurorrexional do noroeste peninsular máis visitada no mundo, superando a entidades como ao Eixo Atlántico, ou a Comunidade de Traballo. Asi mesmo, sitúase entre as dez páxinas webs de asociacións de universidades tranfronterizas máis vistas do mundo.
Carlos Ferrás, director da Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais, ten afirmado a ¨utilidade que pode ter o uso das TIC para o desenvolvemento da Eurorrexión¨, asi como a creación de contidos actrualizados a cotío, o que permite a visualización de novas e eventos realizados polas universidades galegas e do Norte de Portugal asi como a inclusión de convocatorias de procesos selectivos.
Con só tres anos esta plataforma está chamada a converterse nun referente no marco educativo ao crear un soporte de información do que acontece no eido da educación superior na Eurorrexión. O uso das TIC redundará na superación das fronteiras, motivo polo cal nestes tres anos teñense creado un dvd sobre o museo virtual universitario transfronterizo ou o club de lectura virtual universitario.