O Luns, 2 de febreiro de 2009 terá lugar o foro I+D+i nos espazos transfronterizos na sede da AECT Gallicia-Norte de Portugal en Vigo. Presentarase a institución e haberá charlas sobre a cooperación transfronteriza a nivel de investigación e desenvolvemento.
Nestas charlas intervirán o Sr. Rui Azevedo, Director da AECT “Galicia-Norte de Portugal” (PT), Sr. Jens Gabbe, Membro Honorario da ARFE (Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas), Prof. Dra. Teresa Lehmann, Vicepresidenta da Rexión Norte de Portugal (Comissao de Coordenaçao e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal) (PT), Sr. Julio C. Fernández Mato, Secretario Xeral de Relacións Exteriores, Xunta de Galicia (ES), Sra. Cristina Garmendia, Ministra de Ciencia e Innovación, Goberno de España (ES) e d´Emilio Perez Touriño, presidente da Xunta de Galicia.