A xornada de presentación do proxecto Ibermovilitas contará co apoio de todas as consellerías de emprego das entidades participantes no proxecto (Andalucía, Castela e León, Estremadura, Galicia e Portugal).
Nela presentaranse as actividades e haberá un relatorio sobre a evolución e as medidas para o fomento do emprego, realizado por unha personalidade da Comisión Europea.
Toda a información sobre a xornada (relatorios e actividades de Ibermovilitas) entregaráselles aos asistentes nunha tarxeta USB de 4 GB. Unha vez finalizado o acto, poñerase na web a disposición de todas as persoas interesadas.
O acto terá lugar 6 de febreiro de 2009 de 9.30 a 12.15 en
Santiago de Compostela no Palacio de Congresos e Exposiciones de Galicia. Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n