Oficina CEER
 03-03-2009
O programa Delecer presenta unha primavera de deporte e aventura para os tres campus da UVigo

Como unha iniciativa consolidada tras nove edición, o programa Delecer ofrece á comunidade universitaria da UVigo a opción dunha primavera de ocio, lecer e deporte ao aire libre. Ao longo dos meses de marzo, abril e maio e por toda a xeografía galega e do norte de Portugal, estudantes, PDI e PAS poderán tomar parte nas actividades que propoñen dende o Servizo de Deportes: hípica, orientación, paracaidismo, parapente e pontismo. A novidade nesta edición é a extensión desta iniciativa aos tres campus da Universidade de Vigo “por partida dobre, xa que é primeira vez que se ofrece hípica e orientación, as dúas actividades que se desenvolverán en Pontevedra e en Ourense”, segundo subliña Miguel Iglesias, técnico de Actividades Deportivas encargado de programas de promoción.