Oficina CEER
 09-03-2009
Presentación do Campus Mauro Silva

O próximo luns, 9 de marzo de 2009, Luís Caparrós, vicerreitor de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña, Juan Fernández, director de Deportes da UDC e Roberto Taibo, director do Campus presentarán a décima edición Campus de Fútbol Mauro Silva, ás 13,30 horas na Sala de Xuntas da Reitoría.

Este ano, igual que en edicións anteriores, este evento estará dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos e levarase a cabo en INEF Galicia, en Bastiagueiro, durante a Semana Santa (6-10 de abril).