Oficina CEER
 11-03-2009
Seminario sobre habilidades e actitudes necesarias para a xestión de equipos na USC

O programa Uniemprende organiza o seminario ‘Formando líderes: o autocoñecemento e as competencias directivas’ orientado a potenciar os coñecementos, habilidades e actitudes requiridas para o desempeño eficaz de tarefas de xestión e dirección obtendo o máximo do capital humano de cada equipo de traballo.

O prazo de inscrición estenderase ata o próximo 17 de marzo, estando aberto a membros da comunidade universitaria, emprendedores, xente de empresa e público en xeral interesada na temática. As xornada celebraranse na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega os días 25 e 26 de marzo.

O seminario traza pretende prestar atención aos requirimentos dun escenario empresarial dinámico e competitivo no que se valora cada vez máis que as persoas que integran as organizacións desenvolvan a potencien competencias ou habilidades condutuais que favorezan a súa efectividade profesional.

O seminario capacitará aos asistentes na función de dirección na organización dende a perspectiva das relacións humanas propiciando unha reflexión sobre o novo papel de líder que se precisa desempeñar na actualidade e diferenciar os distintos estilos de dirección que se deben adoptar en cada circunstancia. Os asistentes coñecerán tamén as diferentes ferramentas de motivación, comunicación, delegación, formación e desenvolvemento, valorando o impacto de cada unha delas na calidade, implicación e ambiente de traballo.