Rematan os workshops As 5 W´s na innovación celebrados en Maia e Vilagarcía de Arousa os días 11 e 13 de Maio. Estes encontros enmarcaronse dentro da 1 º Semana Europea das PEME e contaron coa colaboración de TecMaia, Maiainova, Unirisco e a Concellería de Innovación do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Nestes encpontros puxoseronse de manifesto a necesidade de apoiar a innovación e de como dende as universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, UTAD, Minho e Porto se está a potenciar a transferencia dos resultados de investigación. Asi mesmo empresarios locais explicaron de primeira man a súa aposta pola innovación e como este feito axudou a enfrontar a crise cun modelo baseado no valor engadido.
As realidades a ambos lados da Raia foron expostas a través destas xornadas que teñen como obxectivo colaborar na mellora da competitividade, feito no que o CEER ten apostado claramente e seguirá traballando a prol da difusión da cultura emprendedora. Neste ámbito o director do CEER Carlos Ferrás, indicou que entidades como o CEER poden ser ¨pancas da innovación que axuden na procura dunha maior colaboración entre as universidades e as empresas¨.
Presentación de Pilar Reino, directora da OTRI da UDC
Na mesma liña manifestouse o presidente do CEER e reitor da USC Senén Barro ao indicar que estas xornadas son un excelente camiño na difusión da innovación como motor do crecemento económico e que a vez a colaboración entre as universidades, empresas e administración ten que ser a guía para a o desenvolvemento, indicando que a aposta do CEER por estes workshops eran unha manifestación palpable do bo facer.