Oficina CEER
 20-04-2009
VI xornadas de marketing das cidades

Este ano queremos profundizar no papel que determinadas dinámicas e algúns cambios funcionais poden xogar na Renovación Urbana.

Propoñemos desde un enfoque multidisciplinar descubrir os complexos mecanismos que contribúen a percibir a cidade e crear as diferentes imaxes desta. Deténdonos na importancia que a arte, a cultura e o patrimonio teñen non só para mellorar a imaxe dunha cidade senón para facela “atractiva” e “suxerente”.

Ninguén cuestiona o valor que as actividades culturais e a imaxe dunha Cidade teñen na captación de fluxos turísticos e na satisfacción e valoración dos seus cidadáns da Xestión Pública. Esto provocou un interés crecente desde todos os ámbitos polo Marketing de Cidades, denominado comunmente có anglicismo citymarketing, cuxas aplicacións e elementos esenciais desenvolveremos nestas Xornadas para:

Profundizar nos conceptos e ferramentas do Marketing de Cidades e coñecer as aportacións e reflexións máis recentes sobre a percepción dunha Cidade

Analizar experiencias específicas doutras cidades, en especial as Cidades “Patrimonio da Humanidade” e como desenvolveron as súas estratexias promocionais

Resaltar a importancia da Xestión do Patrimonio no Marketing de Cidades

Estudar aspectos do Turismo Cultural

Coñecer o papel da web 2.0 na visibilidade das cidades

Para anotarse, podes facelo na web: http://www.jmciudades.com/