Oficina CEER
 28-04-2009
O CEER na Rede Estendida do Emprendedor

O CEER participa na Rede Estendida do Emprendedor, REE. A recente rede creada polo IGAPE nace coa intencióin de artellar un espazo común de difusión de novas relacionadas co emprendemento, a REE é unha rede social colaborativa deseñada exprofeso para cubrir as necesidades do colectivo de entidades que a participan; aumentando a productividade do conxunto e o autocoñecemento dos nodos da rede e os recursos dos que dispoñen.

O Centro de Estudos Eurorrexionais considera que a creación de sinerxías, redes e pontes de diálogo é un medio necesario para a consecución dos obxectivos do CEER, por este motivo enténdese como necesario participar nesta network impulsada polo IGAPE, que conta coa participación das Cámara de Comercio e entidades empresariais que colaboran na difusión da cultura do emprendorismo, da mellora da xestión empresarial ou na formación da/o traballadora/o.

Neste REE xa temos anunciado os workshops que se celebrarán dentro da Semana Europea das PEME. Os workshops se titulan As 5 w´s na innovación e teñen como obxectivo principal a incorporación da innovación na xestión empresarial. Con estes workshops pretendemos responder as cuestións que, como, onde, cando e quen pode innovar. Estes eventos terán lugar o 11 de Maio en Maia e o 13 de Maio en Vilagarcía de Arousa.

Para coñecer esta páxina podes entrar no seguinte enderezo: www.emprenderengalicia.com