Oficina CEER
 09-05-2009
Maia e Vilagarcía convirtense nas capitais da Eurorrexión en materia de innovación

Co obxectivo de promover a mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas o Centro de Estudos Eurorrexionais CEER, xunto a TecMaia, Maiainova, Concello de Vilagarcía e Unirisco están organizando os workshops títulados As 5 W´s na innovación¨, actividade enmarcada dentro da 1º Semana Europea das PEME. Este evento transfronteirizo único entre España e Portugal, pretende dar solución as cuestións de que, cando, onde, como e quen debe innovar. Co epicentro en Maia o 11 de Maio e en Vilagarcía o 13 de Maio quérese respostar de forma local a unha cuestión global que a todos afecta, pódese mellorar a productividade coa incorporación da innovación a xestión empresarial?

Máis de 300 persoas teñen confirmada a sua asistencia a estes eventos onde poderemos contar coa experiencia de empresas como Fundiciones Rey, Multiwave Photonics ou Pita Hermanos que nos explicaran como é posible incorporar a innovación á empresa. Asi mesmo contaremos coa presenza dos membros das oficinas de transferencia da innovación das universidades de A Coruña, Santiago de Compostlea, Vigo, UTAD, Minho e Porto.

Estes eventos transfronterizos son en palabras de Carlos Ferrás, director da Fundación CEER unha ¨ferramenta imprescindible para os empresarios, xa que permitirá coñecer de primeira man o que as universidades están facendo¨, asi como será ¨moi útil coñecer como Unirisco pode financiar proxectos empresariais, dando unha inxección de liquidez que ao mellor con outro banca tradicional non poderían obter¨.

Para o Centro de Estudos Eurorrexionais o fomento da cultura emprendedora e da incorporación da innovación a xestión empresarial son os camiños necesarios para que Eurorrexión do Coñecemento poda chegar a ser un verdadeiro epicentro de excelencia, coñecemento e desenvolvemento. Asi mesmo o CEER está traballando a prol de acercar as empresas ás universidades e viceversa asi como fomentar o intercambio comercial entre as empresas situadas a ambos os lados da Raia.

Para obter maís información poden dirixirse a comunicacion@fceer.org ou visitar a web do CEER: www.fceer.org.