Oficina CEER
 08-05-2009
Workshops sobre a innovación

En breve teremos a posibilidade de coñecer as respostas as cuestións de As 5 W´s na innovación , grazas aos workshops que se celebrarán en Mia o 11 de Maio e Vilagarcía o 13 de Maio.

Por primeira vez en Europa, celebrarase a Semana Europea das PEME, enmarcada dentro do ano de Creatividade e Innovación. Este proxecto nace coa idea de colaborar de forma conxuta na difusión da importancia da mellora da competitividade e na productividade.

O CEER participado polas universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal quere contribuir na promoción da cultura emprendedora realizando dous workshops. Estas xornadas de traballo levarán por título As 5 W´s na innovación, onde se pretende responder as cuestión de que, quen, cando, como, onde podemos innovar. Os workshops contarán con casos de éxito empresarial, onde explicaran como se pode mellorar a productividade incorporando a innovación na empresa. Asi mesmo participarán representantes das oficinas de innovación da universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho e Porto que nos informarán do papel das universidades como xeneradoras de coñecemento e innovación.

As xornadas artéllanse como unha ponte máis entre as empresas, as universidades e a sociedade. Motivo polo cal o CEER terá como socios a Concellería de Innovación do Concello de Vilagarcía, a Unirisco, Maiainova e Tecmaia.

Os workshops As 5 w´s na innovación terán lugar o luns 11 de maio en Maia no auditorío de Tecmaia e o mércores 13 de Maio en Vilagarcía de Arousa.

Para máis información, poden poñerese en contacto por email ao seguinte enderezo: santiagotec@fceer.org