Os días 14, 15 e 16 de maio terá lugar en Santiago de Compostela a "1ª Iberian Grid Infrastructure Conference". Este evento xurde, tras os acordados alcanzados polos Presidentes dos Gobernos de España e Portugal, para realizar unha serie de políticas e actuacións encamiñadas a favorecer a constitución dun espazo Ibérico de investigación.
Esta Conferencia, que estará presidida polos Gobernos de ambos países xunto coa Xunta de Galicia, proporcionará un lugar de encontro á comunidade investigadora interesada en GRID así como das Administracións e empresas Ibéricas e Iberoamericanas.
A Comisión Organizadora do evento está integrada por: os Ministerios de Educación de España e Portugal, Red.es, CIEMAT, CESGA, LIP de Portugal e as Universidades: Politécnica de Valencia, Aveiro e Minho.