Oficina CEER
 03-07-2009
Chega a Rapa das Bestas a Sabucedo

Un ano máis A Rapa das Bestas chega a Sabucedo (A Estrada), na provincia de Pontevedra. Esta espectacular mostra do patrimonio inmaterial galaico portugués, poderá desfrutarse ao longo deste fin de semana.

A orixe desta tradición atópase, según a crenza dos veciños de Sabucedo, nunha grande peste que estaba a devastar a bisbarra aló pola segunda metade do século XVI. Nesta situación ocórreselles a dúas irmás que vivían no pobo ofrecerlle ó Santo, San Lourenzo, patrono da parroquia, dúas bestas da súa propiedade se este as defendía da devandita peste, como así foi. Estas, ó sentirse salvadas, cumpriron a súa promesa entregándolle unha parella de bestas ó párroco, que as ceibóu no monte e co paso do tempo fóronse multiplicando.

Independentemente desta versión, que se basea na tradición oral, os datos históricos de que dispoñemos parecen constatar que a orixe da festa da Rapa, na forma que hoxe a coñecemos datan da segunda metade do século XVII, pero para teren máis información sobre estes feitos poden dirixirse ó libro de Manuel Cabada Castro, “ A Rapa das Bestas de Sabucedo, Historia e Antropoloxía dunha tradición” editorial IR INDO.

A festa da Rapa das Bestas celébrase durante a primeira fin de semana do mes de Xullo. Comenza o venres cun festival folk, donde milleiros de persoas escoitan, cantan e bailan ó son das músicas tradicionáis, preámbulo dunha longa fin de samana cargada de actos. Coa alborada, dará comezo como manda a tradición, “A Rapa das Bestas” de Sabucedo.