Oficina CEER
 08-07-2009
A revista PortugalGlobal analiza as relacións económicas con Galicia

A revista Portugal Global, editada pola AICEP, no seu número 14 destaca no seu último número a Galicia como un destino fundamental para as empresas portuguesas. Un interesante informe que podedes decargar dende esta web:www.portugalglobal.pt.

Na revista ponse de manifesto as diversas iniciativas que están a xurdir entre Galicia e Portugal, entre elas cita a expansión internacional de empresa como Pescanova ou a Caixa Geral de Depósitos. Enumera un listado de proxectos transfronteirizos como o euCLUStex, e outros proxectos europeos que contribuen a estreitar lazos entre diferentes actores de ambos os territorios.

A revista, editada polo órgano portugués de internalización das empresas, pon de manifesto tanto as oportunidades de investir en Portugal, como as posibilidades de investir en Galicia. En definitiva esta revista ven a aseverar o que persoas, como o director do CEER, Carlos Ferrás ven manifestando en multitude de ocasións: hai un mercado amplo, que cómpre mellorar, as relacións económicas son exiguas en comparación co que pode dar de si, unha mellora nas relacións entre ambos os países é necesario.