Oficina CEER
 10-07-2009
Queres colaborar como voluntario na XV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira?

Grazas á colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude (IPJ) desenvolvese o Programa de Voluntariado Jovem. Esta é unha inicitiva transfronteiriza a través da cal os voluntarios se encargarán de distintas tarefas relacionadas con este importante evento cultural que vai ter lugar entre o 25 de xullo e o 26 de setembro. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado antes do 17 de setembro.

Vilanova da Cerveira (Portugal), é un lugar moi coñecido pola súa bienal de arte contemporáneo, que é o motor do seu desenvolvemento cultural, e que se celebra cada dous anos recibindo a artistas creativos de todo o mundo. O evento convértese así nunha galería de arte ao aire libre cun gran número de modernas esculturas estendidas por toda a cidade.

A XV Bienal de Cerveira estende a súa área de exposición desde o Foro Cultural a outros espazos exteriores, incluso noutros países e Galicia. A edición deste ano estará estruturada polo espazo para a presentación dos traballos do artista homenaxeado, o escultor Jorge Vieira, seccións dos artistas invitados, as obras seleccionadas polo procedemento de licitación e os espazos destinados á conservación propostas, dirixido por Lambert Fátima (Portugal), Paulo Reis (Brasil) e Orlando Brito-Ginório (España).

Grazas á colaboración e á boa relación entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude (IPJ), á través da cal se continúan fortalecendo programas de intercambios entre mozos/as galegos/as e portugueses, ponse en marcha o Programa de Voluntariado Jovem para darlle a oportunidade a mozos e mozas galegas de coñecer este evento máis polo miúdo. Esta iniciativa ben representar así o bo sentir da cooperación transfronteiriza entre as dúas institucións.

Nº de prazas: 20
Selección: por orde de chegada das solicitudes
Inscrición: ata o 17 de setembro
Datas de celebración: do 25 de xullo ata o 26 de setembro

Requisitos:
Ter entre 18 a 30 anos
Estudos de literatura e/ou arte
Colaboración mínima de 7 días
Horarios: dúas quendas, de 14h a 20h e de 20h a 24h

A ORGANIZACIÓN OFRECE COMIDA E ALOXAMIENTO, 50,00 € PARA GASTOS DE TRANSPORTE, ACCESO GRATUITO Á PISCINA MUNICIPAL E AO MUSEO

As solicitudes teñen que achegarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: voluntariado@xunta.es. Se a túa solicitude resulta seleccionada, a organización poñerase en contacto contigo a través do enderezo de correo electrónico achegado