Oficina CEER
 13-07-2009
Especialistas españois e portugueses do eido da física atómica e molecular reúnense en Compostela

Os científicos españois e portugueses que actualmente traballan no eido da física atómica e molecular e noutros campos afíns da Química daranse cita na Universidade de Santiago no transcurso do 10º Iberian Joint Meeting on Atomic and Molecular Physics (IBER 2009), que se vai celebrar no Gran Hotel de Santiago do 13 ao 15 de xullo.

O encontro permitirá o intercambio de coñecementos e dos últimos avances acadados polos distintos grupos de investigación implicados. Así, os relatorios que se van presentar versarán xirarán ao redor da física aplicada, espectroscopía e estrutura molecular e atómica, biomoléculas, catálisis, clusteres e nanopartículas ou dinámicas moleculares, entre outras.

Organizan este encontro o grupo de Física Atómica e Molecular das Reais Sociedades Españolas de Física e Química en colaboración coa Sociedade Portuguesa de Física.