Oficina CEER
 23-07-2009
A obra Fume remata a súa andaina no Club de Lectura do CEER

A obra de Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática) e Carlos Losada, Fume, remata súa andaina no Club de Lectura do Centro de Estudos Eurorrexionais. Este espazo web trata de crear un punto de encontro entre lectores e escritores a ambos lados da Raia. Configurase coma unha nova ponte de comunicación entre os afeccionados a lectura. Para o CEER o establecemento de redes e canais de comunicación é unha prioridade. E neste eido é no que se enmarca o Club de Lectura do CEER, un espazo para compartir, expresar, coñecer e debater sobre a literatura, sobre novos mundos ficticios.

O Club de Lectura do CEER é unha iniciativa máis que se suma dentro do CEER, como experiencia de innovación social entre dous territorios como son Galicia e o Norte de Portugal, co fin de achegarnos e coñecernos un pouco máis.   

Esta experiencia pioneira na Eurorrexión, nace coa intención de crear comunidade e estreitar os lazos entre aqueles que consideran que é mellor colaborar que competir, e entre os que consideran que son moitos os puntos en común.   

O Club de Lectura do CEER, remata hoxe a obra de teatro Fume, pero continua coa obra Insomnio, que podedes descargar aquí mesmo, ou dende a web da Editorial Estaleiro Editora. . O que se pretende co Club de Lectura do CEER é crear un espazo no que a xente escriba aquelo que sente coa obra, o que lle transmite, o que lle suxire, para que entre todos podamos compartir as nosas inquedanzas ao respecto dos libros que se comentan.   

Co fin de que o Club de Lectura se configure como un espazo aberto e comunicativo, queremos recordarvos que podedes suxerirnos calquera obra, para iso tedes que enviar un correo a : comunicación@fceer.org, indicando a obra que estimades que podería ser interesante para comentar.   

Para rematar dende aquí queremos lanzarvos esta debate. Que obra considerade que sería a mellor para comentar despois da de Insomnio: Arraianos de Mendez Ferrín ou o Home que non amaba as mulleres?      

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Fume/Insomnio