Oficina CEER
 29-07-2009
O CEER lidera as novas tendencias de comunicación na Eurorrexión.

A web do Centro de Estudos Eurorrexionais, incrementa o seu número de visitantes nun 60%, con respecto a hai 3 meses (tal e como figura en Alexa). O incremento no número de visitantes é unha tendencia que implica que en só cinco anos a web www.fceer.org, sexa a web con temática eurorrexional máis visitada en Galicia e no Norte de Portugal.

Actualmente a web posiciónase no número 1363152 (débese ter en conta que se estima que existen 100 000 000 de webs en todo o mundo). Estes datos veñen a demostrar e validar o discurso da necesidade de crear pontes de comunicación entre os galegos e os veciños de Portugal. O establecemento dun punto en contacto entre as comunidades universitarias de Galicia e do Norte de Portugal era unha das máximas á hora de constituír o Centro de Estudos Eurorrexionais.

A innovación social na que se insiren as prácticas do CEER, permitiunos crear novas pontes de comunicación, como o Club de Lectura do CEER, enlace virtual entre os sistemas literarios galego e portugués. Participar en redes sociais, entendendoas como novas formas de falar e escoitar; mediante o facebook, o Centro de Estudos Eurorrexionais, ten xa máis de 200 amigos, ou participar en you tube, onde o CEER ten unha canle de comunicación propia.

Así mesmo o CEER envía mensualmente o Newsletter, onde se fai referencia as principais novas relacionadas coa Eurorrexión do Coñecemento, para aqueles que aínda non o reciban, poden poñerse en contacto con comunicacion@fceer.org

Pódese indicar, por tanto, que existe unha demanda na comunicación entre os dous territorios e entre as seis universidades que forman parte do CEER, nesta liña seguiremos traballando.