Oficina CEER
 29-07-2009
Que é o Barómetro de Opinión Hispano-Luso?

Se queres saber como os portugueses ven aos españois, e viceversa, podes ler o Barómetro de Opinión Hispano Luso elaborado polo Centro de Análisis Sociales da Universidade de Salamanca en colaboración co Centro de Investigaçao e Estudos da Universidade de Lisboa.

Este interesante barómetro fainos ver cal é o grao de coñecemento mutuo e mostra a existencia dunhas boas relacións entre ambos veciños. Indica, por exemplo, que os portugueses máis coñecidos polos españois son Figo, Cristiano Ronaldo e Saramago e por parte dos portugueses destacan a Julio Iglesias, El Rey Juan Carlos e a princesa Letizia. Nos resultados das enquisas entendese como positivo, asi mesmo, a posibilidade de mellorar tanto as relacións económicas como políticas.

Se quere máis información sobre este barómetro, pode descargalo aquí.

Archivos asociados a esta noticia: