O CEER colabora co equipo Gist-Idega da USC na edición dun máster sobre as TIC´s e o desenvolvemento económico
Nesta edición, a proposta do Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico acompáñase dunha oferta maior que inclúe un Curso de Especialización en Marketing Territorial e Novas Tecnoloxías e un Curso de Perfeccionamento en Marketing Territorial.
Coa oferta destes cursos pretendemos que o alumnado sexa consciente da importancia que adquiren as TIC na sociedade actual, na que se converten en ferramentas estratéxicas capaces de desenvolver social, cultural e economicamente unha cidade, municipio, rexión, país ou territorio en xeral. Tamén se pretende establecer as condicións de colaboración científica entre tecnólogos, científicos sociais e creadores das artes e das humanidades, cuxo fin último é buscar o desenvolvemento económico, social, cultural, etc. en territorios concretos, poñendo en valor e impulsando os fluxos de comunicación e coñecemento entre o urbano e o rural e entre as rexións periféricas e as centrais.
No ámbito profesional, a intención é cubrir novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais con alumnos especializados en desenvolvemento social e novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa, apostando por unha aprendizaxe continua.
O profesorado seleccionado polos cursos ten unha ampla experiencia en investigación, estando integrados os mesmos en tres grupos de investigación da Universidade de Santiago: Sociedade, Tecnoloxía e Territorio; Novos Medios e Sistemas Intelixentes e Análise de Modelización Económica .
O alumnado ten a posibilidade de realizar parte do Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico en prestixiosas universidades europeas: Universidade do Porto, Universidade do Minho e University College Cork (Irlanda).
Para máis información, pódese visitar a páxina Posgrao Propio da USC, enviar un correo a gist-formacion@usc.es ou contactar por teléfono (981 56 31 00 ext. 14440). Tamén pódese consultar o polidíptico oficial do curso en formato pdf.
CURSOS DE FORMACIÓN:
Master Internacional en Tecnoloxías da Información
e Desenvolvemento Económico
(60 créditos, 1000€)
Requisitos de acceso: alumnos de grado (diplomados, licenciados e enxeñeiros), especialmente con formación nas áreas de coñecemento das ciencias sociais, económicas e humanidades.
Curso de Especialización en Marketing Territorial
e Novas Tecnoloxías
(20 créditos, 250€)
Requisitos de acceso: alumnos de grado (diplomados, licenciados e enxeñeiros) ou de último curso, especialmente con formación nas áreas de coñecemento das ciencias sociais, económicas e humanidades.
Curso de Perfeccionamento en Marketing Territorial
(5 créditos, 50€)
Requisitos de acceso: alumnos de grado (diplomados, licenciados e enxeñeiros) ou de último curso, especialmente con formación nas áreas de coñecemento das ciencias sociais, económicas e humanidades. Tamén está aberto para os profesionais autónomos (Pemes) e técnicos da administración pública, con ou sen titulación universitaria.
Preinscrición: 01/09 ao 31/10 de 2009
Matrícula: 01/11 ao 12/11 de 2009
Oferta de bolsas.
CONTACTO:
gist-formacion@usc.es
Teléfono 981 56 31 00 (ext. 14440)