Oficina CEER
 05-10-2009
Convocan o II Premio de Investigación Eurorrexión Galicia- Norte de Portuga

A cátedra da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal da UVIGO, coa finalidade de fomentar e divulgar a investigación sobre a realidade e os problemas eurorrexionais, convoca o II Premio de Investigación Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

O tema deberá estar relacionado con algún aspecto do desenvolvement eurorrexional.Tamén se consideran dentro do obxecto deste premio os traballos que permitan un mellor coñecemento dos problemas sociais, económicos e políticos da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.Poden participar persoas físicas, maiores de idade, que sexan autores e titulares de todos os dereitos de autor inherentes ao traballo que presentan e que investiguen no campo dos temas eurorrexionais. O traballo pode presentarse a título individual ou colectivo.

O xurado estará presidido polo Excmo. e Magfo. Sr. Reitor da Universidade de Vigo, ou persoa en que el delegue, polo Sr. Presidente de Caixanova, ou persoa en que el delegue, e formado por cinco vogais de recoñecido prestixio no ámbito da investigación da realidade e dos problemas eurorrexionais. A decisión do xurado tomarase por maioría simple. O fallo será inapelable . O xurado poderá declarar deserto o premio, así como outorgalo ex aequo se o considera oportuno.

O premio está dotado cunha cantidade económica de 6000 euros e o compromiso por parte da cátedra da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal da publicación da 1.ª edición na forma que estime conveniente

Prazo de presentación:
Ata o 31 de Decembro de 2009.

Lugar de presentación:
En sobre pechado, entregado en man ou por correo certificado con aviso de recibimento no seguinte enderezo:

Cátedra da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Edifício CACTI, 1.º andar

Campus de Vigo

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono de información: 986 813 438