Oficina CEER
 08-10-2009
A Fundación CEER publica o Nº3 do Boletín Estudios Eurorrexionais

O CEER editou no mes de outubro o Nº3 do Boletín Estudios Eurorrexionais, nesta ocasión coa publicación dun monográfico dedicado ao marketing territorial cun artigo titulado “Turismo e recreação”, Realidades e perspectivas para o Concelho de Montemor-o-Velho. O autor escollido para este novo número do boletín foi Adnilo Faizal Abdul Remane Chande, alumno do curso de formación Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial, impartido polo CEER en modalidade online a través do seu Campus Virtual

No seu traballo, Adnilo fai unha análise e reflexión sobre as políticas locais do Concello portugués de Montemor-o-Velho para a súa promoción dentro dunha estratexia de marketing territorial.

O bo traballo desenvolto por Adnilo no marco do curso Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial do CEER, foi premiado coa súa publicación, dispoñible para ser compartido con todas as persoas que o desexen a través da sección virtual do Boletín Estudios Eurorrexionais

O Boletín Estudios Eurorrexionais foi creado como espazo para a publicación daqueles traballos de estudantes e investigadores que merecen da súa disfusión pola súa calidade. Moitos destes traballos, de fin de carreira, teses de máster, reseñas, etc, pese ao seu valor e interese, acaban en moitos casos esquecidos nun caixón.

A Fundación CEER quere publicar toda esta produción académica a través do seu Boletín, para a súa disfusión e aproveitamento, así como recoñecemento ao esforzo dos seus autores.

Aquelas pesoas interesadas en enviar os seus traballos susceptibles de ser publicados para a súa avaliación poden acceder a máis información a través do seguinte enlace

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Boletin3