Oficina CEER
 09-10-2009
O CEER continua co seu Plan de Comunicación 2.0 renovando os seus foros.

A Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais continúa co desenvolvemento do seu Plan de Comunicación 2.0. Este Plan foi realizado este ano e consiste na implementación de accións para mellorar a comunicación e o diálogo entre os veciños galegos e do Norte de Portugal. Entre os obxectivos deste pioneiro Plan atópase a necesidade de mellorar a divulgación científica e crear instrumentos que impulsen a ciencia como un fenómeno informativo con cada vez maior interese.

Para o CEER é fundamental o impulso do debate e do dialogo e por este motivo ten ampliado os seus canais de comunicación, a través da presenza en redes sociais, como you tube, twitter, facebook, ou a Plataforma multimedia de comunicación científica da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, etc. estas redes están favorecendo un impulso na capilaridade das noticias, incrementando, por tanto, o número de lectores.

Para poder seguir creando espazos de comunicación o CEER ven de renovar os seus foros para crear un verdadeiro lugar de interacción e debate arredor de cinco eixes temáticos, que son:

Ciencia e comunicación 2.0
Ideas para impulsar a cooperación
Existe unha verdadeira cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal?
Formación académica adaptada ao mercado, si ou non?
A innovación é unha actitude

Os cinco primeiros usuarios que escriban no foro recibirán un agasallo por parte do CEER. Este regalo será o libro Sociedade da Información en espacios periféricos. Novas formas de exclusión social escrito por Carlos Ferrás, Xose Carlos Macía e outros, edición que contou coa colaboración da Fundación CEER. Para poder recibir este libro é preciso inscribirse no foro, para demostrar a autenticidade do texto e enviar un correo cos datos a comunicacion@fceer.org.