Oficina CEER
 10-10-2009
O libro Líderes para el cambio social nova obra para o Centro de Documentación do CEER

Un novo libro se suma ao Centro de Documentación do Centro de Estudos Eurorrexionais. Para o CEER a difusión do coñecemento e a universalización do mesmo é unha das funcións primordiais pola que se creou a Fundación. Por este motivo creouse un Centro de Documentación, que na maioría dos casos poden se descargados de balde dende esta propia web.

Nesta ocasión o libro ao que nos referimos é o: Líderes para el cambio social. Características y competencias del liderazgo en las ONG. Editado polo Instituto de Innovación Social de ESADE y la Fundación PricewaterhouseCoopers, foi escrito por Ignasi Carreras, Amy Leaverton e Maria Sureda e representa unha boa oportunidade para coñecer casos de éxito na xestión de ONG´s e de como mellorar o liderazgo neste tipo de estructuras. A lectura de este libro permitiranos coñecer mellor a importancia que ten que aqueles que asumen un liderazgo traballen a prol do cambio no eido social.

Esta nova lectura, poderá ser descargada de balde tanto en inglés como en castelán. Para aqueles que teñan algunha suxestión ou libro de referencia, non dubidedes en poñerse en contacto con nós, para poder engadir esa obra no Centro de Documentación, podedes enviar un correo a comunicacion@fceer.org.

Archivos asociados a esta noticia: