Oficina CEER
 15-10-2009
Premios CEP-AEP, como recoñecemento ao labor desenvolvido polas Pequenas e Medianas Empresas e Institucións

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e a Associaçao Empresarial de Portugal (AEP), convocan, no marco do Centro de Cooperación e Servizos Empresariais Transfronteirizo ?CECOTRAN- os Premios CEP-AEP, como recoñecemento ao labor desenvolvido polas Pequenas e Medianas Empresas e Institucións, situadas no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Os premios outórganse en varias categorías diferentes:

- A INTERNACIONALIZACIÓN

- A TRANSFERENCIA TECNOLÓGICA

- A INNOVACIÓN

- A COOPERACIÓN O INVERSIÓN TRANSFRONTERIZA

Poden consultar as bases de cada unha das categorías no anexo

Do mesmo xeito, para calquera aclaración, ou información adicional poden contactar con CECOTRAN no tfno. 986116967 ou mediante o e-mail cecotran@cep.es

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Díptico Premios CEP-AEP