Oficina CEER
 21-10-2009
A USC convoca Erasmus Mundus External
A Vicerreitoría de Política Internacional da USC convoca bolsas de mobilidade para diversas universidades de Asia Central (Kazakstán, Kirguizstán, Tadjikistán, Turkmenistán e Uzbekistán)para o curso académico 2010/2011, dentro do Programa Erasmus Mundus External Cooperation Window.

A finalidade das bolsas é dar aos beneficiarios a posibilidade de realizaren estadías académicas que serán recoñecidas pola USC, se conseguen naquelas o nivel esixido.

As solicitudes presentaranse en liña na páxina web do proxecto www.erasmusmundusec9.eu até o 15 de novembro de 2009.

O programa cobre o importe do billete de avión a destino (ida e volta) e un seguro médico adicional así coma unha bolsa de:

1.000€ mensuais para estudantes de Máster

1.500€ mensuais para doutorandos

2.500€ mensuais para PDI

Máis información en http://erasmusmundusec9.eu e ore@usc.es