Oficina CEER
 27-10-2009
Convocan unha consulta para debatir o libro verde da Comisión Europea "fomentar a mobilidade na formacióin dos mozos".

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa (FGE), en colaboración co Instituto Português da Juventude e coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria participarán na consulta presentada pola Comisión Europea sobre o libro verde "Fomentar a mobilidade na formación dos mozos".

Para dar resposta á mencionada consulta, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a FGE organizarán unha serie de reunións nas que están chamados a participar representantes de entidades galegas, mozos non asociados e técnicos en materia de xuventude, educación e asuntos europeos. Estes encontros levaranse a cabo simultaneamente en Galicia e en Portugal e terán como obxectivo final acadar unha posición común sobre o libro verde.

Esta é unha iniciativa que ten un carácter novedoso, xa que representará unha opinión conxunta da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no ámbito da mobilidade dos mozos. Estas reunións constituirán un exemplo de cooperación e mobilidade dos mozos a nivel europeo, sendo a Eurorrexión un exemplo de mobilidade en si mesma.

Para levar a cabo as actuacións en torno ao Libro Verde "Fomentar a mobilidade na formación dos mozos", formaranse catro grupos de traballo diferenciados. O primeiro destes grupos estará formado por representantes de entidades galegas, ou mozos non asociados, que teñan xestionade ou foran beneficiarios dalgún programa de mobilidade europeo. O segundo grupo, de iguais características, formarase no Norte de Portugal

Dirección para enviar a solicitude:
ofixuvetrans.tui@gmail.com