Oficina CEER
 02-11-2009
O proxecto de investigación "Nomes e Voces" libera os seus contidos

O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu dun convenio das tres universidades galegas coa consellería de Cultura da Xunta de Galicia, e nel abórdase unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e que pretende un estudo profundo e completo destes procesos.

Agora, faise pública, como parte do traballo realizado, unha base de datos específica que recolle os datos persoais e os procesos represivos documentados. A obra está dispoñíbel baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España de Creative Commons.

Isto quere dicir que tanto os textos como as imaxes da web, incluídos os da base de datos de vítimas, poden ser utilizados por calquera, sempre que se cite a súa procedencia, sempre que non se obteña un beneficio económico directo ou indirecto dese uso, e sempre que se inclúa no produto resultante a mesma licenza CC-BY-NC-SA.

A base de datos foi desenvolvida, tanto polo que corresponde á súa estrutura informática como ao procesos de consulta web, pola empresa A navalla suíza, a partir de software libre. O sitio está construído baixo os frameworks phpCan (php) e cSans (css), os dous baixo licenza GNU GPLv3.

O código fonte desta ferramenta, coa parametrización desexada polo proxecto de investigación Nomes e Voces, está publicado co fin de que sexa utilizado por terceiros. A licenza coa que se distribúe ese código fonte é GNU GPLv3.

Máis información:
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/