Oficina CEER
 03-11-2009
Xornada informativa sobre o programa cultura 2007-2013 en Compostela.

A Subdirección General de Cooperación Cultural do Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia organizan mañá 4 de novembro unha xornada informativa sobre o Programa Cultura 2007-13, programa de financiación europea para proxectos culturais.

A xornada informativa ten por obxecto axudar aos participantes a coñecer as diferentes accións e liñas de subvención do programa, así como os criterios para a avaliación de propostas. A xuntanza facilitará o intercambio de ideas e experiencias e a posta en contacto de posibles socios para futuros consorcios.

A xornada terá lugar o 4 de novembro no Auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea, Rúa Valle Inclán s/n) de Santiago de Compostela, entre 9,30 e 14,30 h. Adxunto achégase o programa detallado e o boletín de inscrición.

Unha vez cumprimentado o boletín, pregámoslles que o envíen ao correo-e: pcc.cultura@mcu.es ou ao fax nº: 91 701 72 19.
As suscricións aceptaranse por riguroso orde de chegada.