Oficina CEER
 15-11-2009
Cómic Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, participada polas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho, Porto e a Xunta de Galicia, ten entre os seus obxectivos, desenvolver proxectos comúns que contribúan ao fomento da divulgación da cultura científica no Noroeste Peninsular. Este labor, enmárcase nun proxecto máis amplo, no que participa a Fundación CEER, cunha aposta decida de liderado, e de transferencia de información, así como de impulsor do coñecemento e a súa difusión entre a sociedade. Nesta andaina, xorde a iniciativa de desenvolver un álbum de banda deseñada sobre a difusión da investigación do evolucionismo, conmemorando o ano Darwin.

Na procura de novas liñas de actuación para o fomento e a posta en valor da cultura científica, no ámbito universitario de Galicia e do Norte de Portugal, así como a súa divulgación rexional, estatal e internacional, a Fundación CEER, www.fceer.org, detectou a necesidade de crear un soporte ameno e novo que permita a difusión do coñecemento entre a poboación galega e do Norte de Portugal, con especial interese para as novas xeracións.

As actividades enmarcanse dentro da Semana Galega da Ciencia e foron financiadas coa axuda da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria.

A banda deseñada Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas? ten como obxectivos:

Facilitar o coñecemento das teorías evolucionistas.
Visibilizar a muller como investigadora.
Fomentar a carreira científica como unha carreira profesional atractiva.

Así mesmo a obra guionizada e ilustrada por Idoia de Luxán, foi editada baixo creative commons o que facilita a súa disfusión. Se queres ler unha entrevista feita a autora, preme neste enlace

Ver en LivePaper Descargar en formato pdf

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa
application/pdf: Comic