Oficina CEER
 16-11-2009
Hoxe estamos de estrea: Preséntase a obra Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?

O Centro de Estudos Eurorrexionais presenta hoxe a banda deseñada Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas? Esta banda deseñada foi escrita e ilustrada por Idoia de Luxán e é un proxecto enmarcado dentro da Semana Galega da Ciencia.

A banda deseñada enténdese como un formato moi áxil para a divulgación da ciencia, xa que a suma de imaxes con textos colabora na comprensión do coñecemento. Neste ano que estamos a conmemorar o 200 aniversario do nacemento de Darwin e a publicación de A evolución das especies, cómpre crear soportes que axuden na divulgación dunha obra que marcou un sismo no devalar da historía da ciencia.

Dende as 14:30 de hoxe, 16 de novembro, haberá actividades na facultade de Bioloxía da USC en Santiago de Compostela. As 18:30 comezará a presentación, que será da seguinte maneira:

Presentación do proxecto:

Don Senén Barro, reitor da USC e presidente do CEER
Don Carlos Ferrás, director do CEER
Don Jaime Gómez, decano da facultade de bioloxía da USC

Posteriormente haberá un debate que ten por título É posible innovar na divulgación da ciencia?

Modera: Dona Antía Pose, coordinaodra do CEER
Don Francisco G. Quiroga, project manager da Fundación CEER
Don Xurxo Mariño, Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega
Don Elias Torres Feijoo, Profesor titular de Filoloxía Galega da USC