Oficina CEER
 18-11-2009
Premios Investigación 2009 da Cátedra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Cátedra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal da Universidade de Vigo, convoca o II Premio de Investigación.

Fomentar e divulgar a investigación sobre a realidade e os problemas eurorrexionais é o obxectivo do premio convocado pola Cátedra da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace coa intención de coñecer os atrancos e dificultades da zona transfronteiriza en todas as súas dimensións para, deste xeito, incrementar o interese social e fomentar unha identidade común. Así mesmo, pretende contribuír a que exista unha maior comunicación entre a comunidade investigadora e o tecido socioeconómico para que ambos se enriquezan mutuamente. En canto ao tema dos traballos, as bases da convocatoria estipulan que deberá estar relacionado con algún aspecto do desenvolvemento eurorrexional, pero tamén se consideran dentro do obxecto do premio aqueles ensaios que permitan un mellor coñecemento dos problemas sociais, económicos e políticos da zona. Valoraranse ademais aspectos como a novidade e a innovación, a calidade científica e a estrutura e presentación das obras.

O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro 31 de Decembro.

Archivos asociados a esta noticia: