Oficina CEER
 27-11-2009
O e-comic, un chanzo máis na comunicación 2.0 da Fundación CEER

A Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais, entidade sen fin de lucro e participada polas universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal naceu coa intención de establecer mecanismos que facilitasen o acceso ao coñecemento. Nesta liña crearonse varias accións como foi a creación da web www.fceer.org, o museo virtual universitario, os foros sobre innovación ou a creación do Club de Lectura virtual Eurorrexional.

Continuando no proceso de innovación social, o CEER estimou que debía desenvolverse un Plan de Comuncación 2.0 co obxectivo de seguir liderando o uso das TIC´s no ámbito da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. Grazas a esta iniciativa a web www.fceer.org ten incrementado nun 61% o seu número de visitantes en tan só un ano.

O Plan de Comunicación 2.0 ten a misión de colocar ao CEER na vangarda da divulgación científica e na transmisión do coñecemento, polo tanto entre as accións que se deben levar a acabo destacan: a presenza nas redes socias, facebook, twitter, you tube, linkedin, etc ou o desenvolvemento de e-contidos; nesta liña enmarcase a creación do e-comic Coñecía Darwin a serpe das ste cabezas?, proxecto impulsado co fin de divulgar a ciencia a través dun soporte áxil e ameno.

Esta banda deseñada ilustrada e guionizada por Idoia de Luxán pódese descargar dende a propia web do CEER , www.fceer.org e foi editada mediante creative commons, sistema de licenza libre, que axuda na divulgación da propia obra.

Archivos asociados a esta noticia: