Oficina CEER
 15-11-2009
Presentación do e-Comic

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, participada polas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho, Porto e a Xunta de Galicia, ten entre os seus obxectivos, desenvolver proxectos comúns que contribúan ao fomento da divulgación da cultura científica no Noroeste Peninsular. Este labor, enmárcase nun proxecto máis amplo, no que participa a Fundación CEER, cunha aposta decida de liderado, e de transferencia de información, así como de impulsor do coñecemento e a súa difusión entre a sociedade. Nesta andaina, xorde a iniciativa de desenvolver un álbum de banda deseñada sobre a difusión da investigación do evolucionismo, conmemorando o ano Darwin.

Na procura de novas liñas de actuación para o fomento e a posta en valor da cultura científica, no ámbito universitario de Galicia e do Norte de Portugal, así como a súa divulgación rexional, estatal e internacional, a Fundación CEER, www.fceer.org, detectou a necesidade de crear un soporte ameno e novo que permita a difusión do coñecemento entre a poboación galega e do Norte de Portugal, con especial interese para as novas xeracións.

As actividades enmarcanse dentro da Semana Galega da Ciencia e foron financiadas coa axuda da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria. A vindeira semana haberá un link para poder ver o cómic, que se poderá descargar de balde dende a web www.fceer.org.

Presentación da banda deseñada Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?

Os actos serían desta maneira:

Lugar: Salón de graos da Facultade de Bioloxía da USC, Santiago de Compostela
Data: 16 de novembro as 18:30h.
Presentación do proxecto:
Don Senén Barro, reitor da USC e presidente do CEER
Don Carlos Ferrás, director do CEER
Don Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i (por confirmar)
Don Jaime Gómez, decano da facultade de bioloxía da USC

Debate sobre É posible innovar na divulgación da ciencia?
Modera: Dona Antía Pose, coordinaodra do CEER
Don Francisco G. Quiroga, project manager da Fundación CEER
Don Xurxo Mariño, Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega
Don Elias Torres Feijoo, Profesor titular de Filoloxía Galega da USC

18 de Novembro 12:30 Salón de graos da Facultade de Ciencias da UVIGO, Ourense
Presentación do comic
Don Pedro A. Araujo Nespereira decano da Facultade de Ciencias.
Don Francisco García Quiroga, coordinador do proxecto, técnico do CEER
Dona Idoia de Luxán, ilustrradora do cómic

20 de novembro 11:30 no Reitorado da UDC, A Coruña
Presentación comic no Reitorado da UDC (reservado aos medios de comunicación)
Don Carlos Ferrás, director da Fundación CEER.
Don Luis Caparrós Esperante, Vicerreitor de cultura da UDC

Dende o CEER queremos animalos a que acudan aos eventos, xa que imos desfrutar duns bos momentos coas sopresas que nos agardan estes días.