O CEER presenta o proxecto Ciencia e Cultura Compartidas.
O Centro de Estudos Eurorrexionais, formado polas universidades galegas e do Norte de Portugal vai presentar o seu novo proxecto Ciencia e cultura compartida.Lecturas na Eurorrexión. A presentación farase na cidade de Porto, debido a colaboración da Universidade do porto, do Clube Literario do Porto e o Agrupamento de Escolas de Agrela e Vale do Leça
co proxecto.
Para o Centro de Estudos Eurorrexionais o desenvolvemento de sinerxías entre os actores sociais da Eurorrexión é unha necesidade e por iso considera imprescindible implementar accións que faciliten o coñecemento mutuo. Neste sentido o director do CEER, Carlos Ferrás, profesor de Xeografía da USC, ten manifestado en multitude de ocasións que “é preciso crear unha masa crítica, que impulse unha verdadeira cooperación transfronteriza, tanto no ámbito cultural, como no científico”.
A xuntanza comenzará ás 11:30h (locais, portuguesas) na sede Agrupamento de Escolas de Agrela e Vale do Leça, Escola Básica do 2º e 3º Ciclos de Agrela.
O programa do Acto será o seguinte:
11:00 h. Recepción por parte da directiva do centro.
11:30 h. Inauguración da presentación do Club de Lectura Virtual
12:00 h. Debate, O Club de Lectura Virtual Eurorrexional, como ferramenta de apoio ao profesorado e de achegamento e colaboración entre centros de secundaria galegos e portugueses.
12:30 h. lectura por parte do alumando do centro portugués das obras O Cavaleiro da Dinamarca, de Sophia de Mello Breyner Andresen e a obra de divulgación científica, Pó de Estrelas de Xurxo Mariño.
13:00 h. Almorzo de traballo e análise de novas vías de colaboración entre centros de secundaria galegos e portugueses, no campos das letras e das ciencias. Busca de vías de financiamento de novos
15:00 h. Participación na Xornada Cultura e ciencias compartida.Lecturas na Eurorrexión, no Clube Literario do Porto.
16:00h. Peche do acto coa lectura de poemas de Uxio Novoneyra.
O proxecto de Cultura e ciencias compartidas trátase dun novo impulso á innovación social, e nace debido ao impacto que tivo o Club de Lectura virtual Eurorrexional, plataforma electrónica que en menos dun ano xa se constitui como unha potente ferramenta educativa. Dende o CEER desexamos impulsar o coñecemento de escritores galegos e portugueses, o intercambio de rapaces de educación secundaria, a creación de e-contidos relacionados coa ciencia e a cultura e o impulso a creación dunha revista divulgadora da ciencia.
Contiuase por tanto, impulsando a Eurorrexión do Coñecemnto, obxectivo marcado durante o actual mandato do presidente do CEER, Senén Barro, reitor da USC