A Universidade da Coruña embárcase nun proxecto formativo denominado "Convive máis", dirixido a aqueles inmigrantes ou emigrantes retornados a Galicia que desexen por en marcha un proxecto empresarial.
Ó largo de 120 horas teóricas e 11 de tutorías con responsabels das trece entidades socias do programa (Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Universidade da Coruña, Deputación da Coruña, IGAPE, Federación de Asociacións de Inmigrantes "Fillos do Mundo", etc.), ata 25 alumnos obterán a formación necesaria para facer realidade o seu soño empresarial.
O programa tamén inclúe a posibilidade de solicitar microcréditos para financiar as empresas.