Ofina CEER
 29-03-2010
Representación Portuguesa na Campus Party Europe 2010

Hoxe ás 16h30 celebrarase a Conferencia de prensa de presentación da participación Portuguesa na Campus Party Europe 2010 en Madrid co proxecto Hands-on Robots. A conferencia terá lugar no Anfiteatro da Escola de Ciencias, Campus de Gualtar, Braga.

Co apoio da Universidade do Minho e da Associação Hands-on Science Network un equipo de alumnos e profesores da Escola Secundária de Amares e do Agrupamento de Escolas Vieira de Araújo, representarán a Portugal na Campus PartyTM Europa 2010, na área da robótica, co proxecto Hands-on Robots.

Organizado pola Presidencia Española da Unión Europea, do 14 ao 18 de Abril en Madrid, a Campus PartyTM Europa 2010 presentase como o maior evento mundial deste ano en Ciencia, Tecnoloxía, creatividade e innovación dixital deste ano. Os 800 participantes coidadosamente seleccionados por un xurado internacional representarán aos 27 países da Unión con diferentes actividades en todos os dominios da Ciencia e a Tecnoloxía. Máis información en: http://www.campus-party.eu/home-en.html