Rolda de prensaBarco dragón.Rolda de prensaRolda de prensaRolsa de prensaRolda de prensaRolda de prensaRolda de prensaMinho e ValençaRolda de prensa
Oficina CEER
 14-04-2010
O MIÑO Á ALTURA DE TUI ACOLLE EN MAIO O I TROFEO INTERUNIVERSITARIO EURORREXIONAL.

• Martes, 13 de abril de 2010, ás 11.00h.

Equipos mixtos das universidades da Eurorrexión competirán o 22 de maio nas augas do río Miño, á altura de Tui, no ‘I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional. Barcos Dragón’. No evento participarán seis equipos mixtos correspondentes ás seis universidades da Eurorrexión - Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Porto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro- que disputarán unha carreira de 9 quilómetros.

Os detalles da competición explicáronos este martes en Tui o tenente alcalde, Moisés Rodríguez Pérez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o vicerreitor da Universidade do Minho, Rui Vieria de Castro; o director da Fundación CEER, Carlos Ferrás; e o deportista Enrique Míguez, campeón mundial de piragüismo.

Trátase dun evento deportivo único, promovido polo Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) para promover a alianza estratéxica de cooperación transfronteiriza, que contará coa participación da comunidade académica da Eurorrexión e que pretende converterse nunha cita anual tendo como referencia a competición internacional Oxford Cambrige.

Co asesoramento dos departamentos de Deporte das universidades participantes, na Fundación CEER decidiuse escoller a modalidade de embarcacións tipo dragón, cunha arraigada tradición en Portugal, de fácil manexo e de gran visibilidade. Competirán os equipos das universidades conformados por cinco mulleres, cinco homes, un timonel (muller ou home) e un tamborileiro (muller ou home).

Este evento deportivo conta co apoio da Secretaría Xeral de Deporte, o Concello de Tui, Fundación Mondariz Balneario, Instituto do Desporto de Portugal, Federación Galega de Piragüismo, Federação Portuguesa de Canoagem, Associação de Canoagem do Minho, Associação de Canoagem do Porto, as seis Universidades públicas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Caixa Galicia e deportistas de elite como David Cal e Enrique Míguez.