REGULAMENTO REGATA DE DRAGONS DO PRIMEIRO TROFEO INTERUNIVERSITARIO EUROREXIONAL
A REGATA será en augas tranquilas.
DATA /LUGAR. celebrarase en Tui diante das instalacións do Centro Interfederado o día 22 de Maio de 2010.
DISTANCIA.. son 500 mts en liña recta.
EMBARCACIÓNS : son Canoa-Dragón de 10 palistas + patrón + marcador. As embarcacións serán sorteadas sempre antes de cada competición.
TRIPULACIÓNS : Constan de 12 tripulantes sendo mixtas .Debendo de ter como mínimo CINCO HOMES e CINCO MULLERES . Estas deberán ir perfectamente uniformadas.
INSCRIPCIÓN : Deberá ser feita por cada Universidade e presentada na reunión de delegados previa a competición.
CAMPO DE REGATAS : Estará diante das instalación do Centro Interfederado de Tui e sinalizado convenientemente con dúas boias de saída e dúas de chegada.
REGATA : o ser en liña e de tres en tres a cada tripulación terá asignado un carreiro por onde ten que navegar sen saírse do mesmo. A que sala e interfira a navegación doutra embarcación será descalificado.
ARBITROS : serán sinalados pola Federación Galega de Piragüismo sendo os encargados de dar e controlar as saídas , chegadas e tomalos tempos correspondentes.
SISTEMA COMPETITIVO :
1. DÚAS SERIES -ELIMINATORIAS-, CADA UNHA CON TRES EMBARCACIÓNS. DE CADA UNHA DAS SERIES PASAN OS DOUS PRIMEIROS PARA A FINAL "A".
2. DÚAS SERÍES -REPESCAS- COAS CATRO EMBARCACIÓNS QUE NON PASARON A PRIMEIRA SERIE, ONDE PASA UN EQUIPO PARA A FINAL "A" (CONTA O MELLOR TEMPO
DAS DÚAS SERIES).
3. FINAL "B" CON TRES EQUIPOS.
4. FINAL "A" CON TRES EQUIPOS.
COMITÉ DE COMPETICIÓN : Para as discrepancias ou posibles reclamacións se propón un Comité de Competición que dirima as diferenzas . Estará formado por : Representante do CEER , xuíz árbitro, e representante das Universidades (sempre que non sexa directamente afectado ).