Comunidade CEER, unha ferramenta ao servizo da Rede de Universidades públicas da Eurorrexión GNP.

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída polas 6 universidades públicas da Eurorrexión: Universidade da Coruña, Universidade do Minho, Universidade de Porto, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e Universidade de Vigo.

Entre as funcións principais desta alianza inclúense a procura de sinerxias e complementariedades nos centros académicos universitarios da eurorrexión coa finalidade de reforzar as capacidades entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal. Erguemos pontes de coñecemento ao tempo que potenciamos a excelencia académica a través da colaboración eurorexional."

Máis información

Novas destacadas

Novas e eventos

Descobre como anticiparte estando ao tanto das nosas novidades e eventos

Alianza Estratégica

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa sendo unha das rexións transfronteirizas máis activas na captación de fondos europeos. Traballar a favor da cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o compromiso prioritario da Fundación CEER.

A través de distintos programas europeos, dende a súa creación no ano 2004, a Fundación CEER participou no lanzamento e xestión de diferentes proxectos coa captación de mais de 20 millos de euros para o financiamento de mais de 20 proxectos de cooperación.

A través da cooperación transfronteiriza eficiente gañamos todas e todos, nun clima de confianza mutua que consegue estimular os negocios e o traballo conxunto. Apostar pola intelixencia, no traballo, no esforzo e na inclusión, contribuíndo á transferencia do coñecemento, os avances e as ferramentas xeradas no marco das universidades ao servizo da sociedade.