
Fundación
A Fundación CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), constituíuse formalmente en 2004 como entidade sen ánimo de lucro e suxeita á Lei de Fundacións de Interese de Galicia. Co seu domicilio fundacional no Reitorado da Universidade de Santiago no Pazo de San Xerome s/n de Santiago de Compostela, a Fundación ten sedes en Galicia e Portugal.
O FCEER está formado polas seis Universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a saber: Universidade da Coruña, Universidade do Minho, Universidade de Porto, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade de Trás-os-Montes e. Alto Douro.
O obxectivo fundacional da fundación é reforzar os vínculos entre as universidades de Galicia e do Norte de Portugal, cun carácter claramente plural, integrador, dinámico e innovador no ámbito do estudo, análise e desenvolvemento no contexto da Eurorrexión. Para acadar estes obxectivos, promove, entre outros, actividades, proxectos e aplicacións para programas de desenvolvemento, investigación e innovación no marco Eurorrexional.
Así, na FCEER promovemos preferentemente actuacións vinculadas á cooperación territorial e colaboramos estreitamente co Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT-GNP), a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) e a Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo, con organismos de investigación, centros tecnolóxicos, de innovación, de desenvolvemento cultural e territorial no marco da UE, e España e Portugal, principalmente.
Fundación CEER
A Fundación ten como obxecto fundacional 'a busca de sinerxias e complementariedades nos eidos académicos universitarios da Eurorrexión coa finalidade de reforzar as vinculacións entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal cun carácter netamente plural, integrador, dinamizador e innovador no ámbito do estudio, análise e desenvolvemento do cadro eurorrexional (Artigo Primeiro/Protocolo de Creación do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal do 9 de decembro de 2002).' (Artigo 5 dos estatutos)
Estratexias e Áreas de Actuación
A fundación procura enriquecer a comunidade científica mediante formación, asesoramento e eventos colaborativos, fomentando a diversidade de perspectivas e coñecementos.
Fundación CEER
A fundación opera cunha estrutura organizativa que abrangue formación, asesoramento e eventos científicos. Esta organización favorece a interacción e o enriquecemento da comunidade científica no seu conxunto.
O Padroado é o órgano de gobernó da Fundación CEER, estando formado inicialmente por un representante de cada unha das institución asinantes da carta fundacional e consonte á figura de Patróns fundadores con plenos dereitos. Contémplase tamén a figura de Patróns asociados que corresponden a novas institucións, ou persoas con representación xurídica, de nova incorporación ao Padroado.
O modo de elección, dereitos, obrigas, competencias e cesamento dos membros do Padroado están recollidos nos estatutos do CEER (Título IV, Artigo 14 a 26).
Ao Presidente do Padroado correspóndelle a Presidencia da Fundación, namentres a Vicepresidencia é nomeada por designación do Padroado.
Director da Fundación CEER.
Profesor de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Doutor en Xeografía pola USC.
Secretaria Xeral da Fundación CEER.
Profesora do Departamento de Socioloxía da Universidade do Minho (UMinho).
Doutora en Socioloxía – Área de Organización e Traballo pola UMinho.
Técnica do CEER na Universidade da Coruña (UDC).
Licenciada en Química pola USC.
Doutora en C.C. Químicas pola USC.
E-mail: corunatec@fceer.org
Técnico do CEER na Universidade de Vigo (UVigo).
Licenciado en Socioloxía pola Universidade da Coruña.
Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da UVigo.
E-mail: vigotec@fceer.org
Técnica do CEER na Universidade do Minho (UMinho).
Licenciada en Sociología pola UMinho.
Doutora en Sociología pola UMinho.
E-mail: bragatec@fceer.org
Técnica do CEER na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Licenciado en Bioloxía pola USC.
Técnico Superior en Xestión de Proxectos.
Máster en PRL e Xestión da Calidade e Ambiental.
E-mail: santiago@fceer.org
Técnica do CEER na Universidade do Porto (U.Porto).
Licenciada en Socioloxía pola UMinho.
Doutora en Socioloxía pola UMinho.
E-mail: portotec@fceer.org
Técnica do CEER na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Licenciada en Bioloxía pola USC.
Postgraduada en Xestión de Proxectos pola USC.
E-mail: xestion@fceer.org