Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

A Fundación CEER desenvolve a súa actividade principal no marco territorial da Eurregión Galicia-Norte de Portugal.

Na política europea, unha eurorrexión é unha forma de estrutura para a cooperación transfronteiriza entre dúas ou máis países europeos. Unha eurorrexión ten carácter permanente, identidade propia, separada da dos seus membros, conta con recursos administrativos, técnicos e financeiros propios e posúe capacidade interna para a toma de decisións, as veces mesmo ten unha asemblea parlamentaria.


A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o territorio do noroeste dá Península Ibérica, formada por Galicia e o Norte de Portugal. Este territorio conta cunha extensión dun 51.000 km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2 796 089 corresponde a Galicia, e 3 745 439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².

Eurorrexion


A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha longa tradición de cooperación institucional. Xa no ano 1983 tiveron lugar as primeiras reunións entre a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Rexional do Norte (CCDR-N) e a Xunta de Galicia para tratar asuntos de interese mutuo. De feito, en abril de 1986 asinouse en Porto o documento de traballo ?Projectos susceptíveis de consideração conxunta por parte da Galicia e da Região Norte de Portugal?. O 31 de outubro de 1991 foi creada en Porto a primeira Comunidade de Traballo da fronteira sen personalidade xurídica, tras a ratificación polos gobernos de España e Portugal do Convenio Marco Europeo sobre Cooperación Transfronteiriza entre Comunidades e Autoridades Territoriais do Consello de Europa de 1980, con apoio de las administracións de la Unión Europea, España e Portugal.


No ámbito académico, a cooperación entre as 6 Universidades públicas da Eurorrexión, foi formalizada coa firma do Protocolo de creación do Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER), o 9 de decembro de 2002. A través do CEER, créase unha Rede de 6 Universidades cun gran potencial de cooperación e investigación, con repercusión internacional.  
Promovemos a Cooperación transregional e interuniversitaria que facilita unha maior eficacia e alcance das ferramentas políticas de innovación e promoción do coñecemento, permitindo un enfoque coordinado entre os territorios de Galicia e do Norte de Portugal no contexto da Especialización Intelixente ( RIS3T).