Fundación

CEER

A Fundación CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), constituíuse formalmente en 2004 como entidade sen ánimo de lucro e suxeita á Lei de Fundacións de Interese de Galicia. Co seu domicilio fundacional no Reitorado da Universidade de Santiago no Pazo de San Xerome s/n de Santiago de Compostela, a Fundación ten sedes en Galicia e Portugal.

O FCEER está formado polas seis Universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a saber: Universidade da Coruña, Universidade do Minho, Universidade de Porto, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade de Trás-os-Montes e. Alto Douro.

O obxectivo fundacional da fundación é reforzar os vínculos entre as universidades de Galicia e do Norte de Portugal, cun carácter claramente plural, integrador, dinámico e innovador no ámbito do estudo, análise e desenvolvemento no contexto da Eurorrexión. Para acadar estes obxectivos, promove, entre outros, actividades, proxectos e aplicacións para programas de desenvolvemento, investigación e innovación no marco Eurorrexional.

Así, na FCEER promovemos preferentemente actuacións vinculadas á cooperación territorial e colaboramos estreitamente co Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT-GNP), a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) e a Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo, con organismos de investigación, centros tecnolóxicos, de innovación, de desenvolvemento cultural e territorial no marco da UE, e España e Portugal, principalmente.

Fotografía Fundación CEER

Fundación CEER

Misión e Obxectivos

A Fundación ten como obxecto fundacional 'a busca de sinerxias e complementariedades nos eidos académicos universitarios da Eurorrexión coa finalidade de reforzar as vinculacións entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal cun carácter netamente plural, integrador, dinamizador e innovador no ámbito do estudio, análise e desenvolvemento do cadro eurorrexional (Artigo Primeiro/Protocolo de Creación do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal do 9 de decembro de 2002).' (Artigo 5 dos estatutos)

Fundación CEER

Estratexias e Áreas de Actuación

A fundación procura enriquecer a comunidade científica mediante formación, asesoramento e eventos colaborativos, fomentando a diversidade de perspectivas e coñecementos.

Actividades de Divulgación Científica
A promoción e colaboración na organización de seminarios, debates, congresos, reunións científicas e actividades análogas, incluídas publicacións científicas ou de divulgación referidas á natureza e función propias da Fundación.
Desenvolvemento Eurorrexión
A promoción, dinamización e desenvolvemento de investigación interuniversitaria de carácter multidisciplinar na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Asesoría en Investigación
A realización de informes e asesoramento técnico en temas de investigación da súa competencia.
Formación de Especialistas
A programación de actividades docentes, sendo o seu obxectivo a formación de especialistas, así como a formación, especialización e reciclaxe de profesionais.
Documentación Científica
A creación de bases de datos, bibliográficas e documentais ó servizo da comunidade científica, de carácter especializado nas áreas de investigación propias do Centro.

Fundación CEER

Estrutura Organizacional

A fundación opera cunha estrutura organizativa que abrangue formación, asesoramento e eventos científicos. Esta organización favorece a interacción e o enriquecemento da comunidade científica no seu conxunto.

Padroado

O Padroado é o órgano de gobernó da Fundación CEER, estando formado inicialmente por un representante de cada unha das institución asinantes da carta fundacional e consonte á figura de Patróns fundadores con plenos dereitos. Contémplase tamén a figura de Patróns asociados que corresponden a novas institucións, ou persoas con representación xurídica, de nova incorporación ao Padroado.


O modo de elección, dereitos, obrigas, competencias e cesamento dos membros do Padroado están recollidos nos estatutos do CEER (Título IV, Artigo 14 a 26).
Ao Presidente do Padroado correspóndelle a Presidencia da Fundación, namentres a Vicepresidencia é nomeada por designación do Padroado. 

  • UNIVERSIDADE DE PORTO

    UNIVERSIDADE DE PORTO

    Exmo. Sr. Reitor António Sousa Pereira

  • UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO

    UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO

    Exmo. Sr. Reitor Emídio Ferreira dos Santos Gomes

  • UNIVERSIDADE DO MINHO

    UNIVERSIDADE DO MINHO

    Exmo. Sr. Reitor Rui Vieira de Castro

  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Exmo. Sr. Reitor Antonio López Díaz

  • UNIVERSIDADE DE VIGO

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    Exmo. Sr. Reitor Manuel Joaquín Reigosa Roger

  • FUNDACIÓN CEER

    FUNDACIÓN CEER

    Sr. Director Ángel Miramontes Carballada

  • FUNDACIÓN CEER

    FUNDACIÓN CEER

    Sra. Secretaria Geral Ana Paula Pereira Marques

  • UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    Exmo. Sr. Reitor Ricardo José Cao Abad

Consello de Dirección

  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    María José López Couso

  • UNIVERSIDADE DE VIGO

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    Maribel del Pozo Triviño

  • UNIVERSIDADE DO MINHO

    UNIVERSIDADE DO MINHO

    Filomena Soares

  • UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO

    UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO

    Luís Manuel Leite Ramos

  • UNIVERSIDADE DO PORTO

    UNIVERSIDADE DO PORTO

    Fátima Vieira Silva

  • FUNDACIÓN CEER

    FUNDACIÓN CEER

    Ángel Miramontes Carballada

  • FUNDACIÓN CEER

    FUNDACIÓN CEER

    Ana Paula Marques

  • UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    Moisés Canle López

Dirección

Coordinadores

  • Beatriz

    Beatriz Noya Mariño

    Técnica do CEER no gabinete de Santiago de Compostela.

    Licenciada en Química pola USC.

    Doutora en C.C. Químicas (Química Orgánica) pola USC.

    MUPM pola Universitat Ramón Llull.

    E-mail: gabinetesantiago@fceer.org

  • Daniel

    Daniel Fernández Santiago

    Técnico do CEER na Universidade de Vigo (UVigo).
    Licenciado en Socioloxía pola Universidade da Coruña.
    Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da UVigo.

    E-mail: vigotec@fceer.org

  • Rita

    Rita Moreira

    Técnica do CEER na Universidade do Minho (UMinho). 
    Licenciada en Sociología pola UMinho.
    Doutora en Sociología pola UMinho.

    E-mail: bragatec@fceer.org

  • María

    María Rodríguez Gregori

    Técnica do CEER na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Licenciado en Bioloxía pola USC.

    Técnico Superior en Xestión de Proxectos.

    Máster en PRL e Xestión da Calidade e Ambiental.

    E-mail: santiagotec@fceer.org

  • Susana

    Susana Amaral

    Técnica do CEER na Universidade do Porto (U.Porto).
    Licenciada en Socioloxía pola UMinho.
    Doutora en Socioloxía pola UMinho.

    E-mail: portotec@fceer.org

  • Antía

    Antía Pose García

    Técnica do CEER na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Licenciada en Bioloxía pola USC.

    Postgraduada en Xestión de Proxectos pola USC.

    E-mail: xestion@fceer.org

  • David

    David López Wilkes

    Técnico do CEER na Universidade de A Coruña (UDC).

    Licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Máster en Administración Local.

     

    E-mail: corunatec@fceer.org