A
Fundación CEER desenvolve a súa actividade principal no marco territorial da Eurregión Galicia-Norte de
Portugal.
Na política europea, unha eurorrexión é unha forma de estrutura para a cooperación
transfronteiriza entre dúas ou máis países europeos. Unha eurorrexión ten carácter permanente, identidade
propia, separada da dos seus membros, conta con recursos administrativos, técnicos e financeiros propios e
posúe capacidade interna para a toma de decisións, as veces mesmo ten unha asemblea parlamentaria.
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o territorio do noroeste dá
Península Ibérica, formada por Galicia e o Norte de Portugal. Este territorio conta cunha extensión dun
51.000 km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación
duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2 796 089 corresponde a Galicia, e 3 745 439 ao Norte de Portugal, o
que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha longa tradición de
cooperación institucional. Xa no ano 1983 tiveron lugar as primeiras reunións entre a Comissão de
Coordenação e Desenvolvimento Rexional do Norte (CCDR-N) e a Xunta de Galicia para tratar asuntos de
interese mutuo. De feito, en abril de 1986 asinouse en Porto o documento de traballo ?Projectos susceptíveis
de consideração conxunta por parte da Galicia e da Região Norte de Portugal?. O 31 de outubro de 1991 foi
creada en Porto a primeira Comunidade de Traballo da fronteira sen personalidade xurídica, tras a
ratificación polos gobernos de España e Portugal do Convenio Marco Europeo sobre Cooperación
Transfronteiriza entre Comunidades e Autoridades Territoriais do Consello de Europa de 1980, con apoio de
las administracións de la Unión Europea, España e Portugal.
No ámbito académico, a cooperación entre as 6 Universidades públicas da
Eurorrexión, foi formalizada coa firma do Protocolo de creación do Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER),
o 9 de decembro de 2002. A través do CEER, créase unha Rede de 6 Universidades cun gran potencial de
cooperación e investigación, con repercusión internacional.
Promovemos a Cooperación transregional
e interuniversitaria que facilita unha maior eficacia e alcance das ferramentas políticas de innovación e
promoción do coñecemento, permitindo un enfoque coordinado entre os territorios de Galicia e do Norte de
Portugal no contexto da Especialización Intelixente (
RIS3T).