Estratexia e Áreas de actuación

Fundación CEER, unha alianza estratéxica

20 anos de Cooperación Transfronteiriza para compartir e optimizar recursos universitarios que potencien a innovación e o crecemento socioeconómico de Galicia e do Norte de Portugal

Desenvolvemento Eurorrexión
A promoción, dinamización e desenvolvemento de investigación interuniversitaria de carácter multidisciplinario na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Asesoría en Investigación
A realización de informes e asesoramento técnico en temas de investigación da súa competencia.
Formación de Especialistas
A programación de actividades docentes, sendo o seu obxectivo a formación de especialistas, así como a formación, especialización e reciclaxe de profesionais.
Documentación Científica
A creación de bases de datos, bibliográficas e documentais ao servizo da comunidade científica, de carácter especializado nas áreas de investigación propias do Centro.
Actividades de Divulgación Científica
A promoción e colaboración na organización de seminarios, debates, congresos, reunións científicas e actividades análogas, incluíndo publicacións científicas ou de divulgación referidas á natureza e función propias da Fundación.