Fundación Ceer - Formación

Fundación Ceer - Formación

As universidades de Galicia e do Norte de Portugal unen as súas forzas, creando así, a Comunidade CEER, unha ferramenta ao servizo da Rede de Universidades públicas da Eurorrexión GNP.

A educación universitaria do futuro ten como elementos cruciais a internacionalización e a multidisciplinariedade. Con este obxectivo e nun momento no que as institucións europeas están a fomentar a creación de alianzas universitarias, as universidades públicas da Galicia-Norte de Portugal, en colaboración co CEER, conciben proxectos que teñen como obxectivos promover, facilitar e implementar formación adaptada ao contexto da Eurorexión.

Despois de anos de cooperación, o CEER ten axudado a desenvolver ferramentas que faciliten a creación de títulos conxuntos para facilitar a posta en común dos seus recursos e puntos fortes, a dinamización da mobilidade de profesores e estudantes, así como a creación dunha oferta educativa innovadora e de excelencia a nivel eurorrexional e que consegue situarse como un foco de atracción e desenvolvemento a nivel nacional e europeo.

O propósito da formación que promove o CEER e a de ofertar metodoloxias e temáticas innovadores, cooperativos e creativos cun claro compoñente transfronteirizo e multidisciplinar no que participan as universidades da Eurorrexión.

Ademais, dende o CEER traballamos en actividades de Formación continua, dirixida a persoas Adultas. Desenvolvemos iniciativas que levan o coñecemento desde as universidades a ámbitos sociais mais amplos, con alta ou baixa capacitación. Creamos actividades de voluntariado e formación transfronteiriza, que pretenden alentar ante os problemas conxuntos da eurorrexion e fomenten unha rede de traballo transfronteiriza para o desenvolvemento de actuacións no territorio.

Co mesmo obxectivo de levar ás universidades á sociedade e incidir en actividades de formación, a través de diferentes proxectos, dende o CEER promovemos accións formativas en temáticas diversas, dirixida ao alumnado de primaria e secundaria.